Unha visión galega do bolxevismo nun libro publicado en dúas editoriais e en dúas normativas

Unha visión galega do bolxevismo nun libro publicado en dúas editoriais e en dúas normativas
Teresa Moure, coordinadora do libro [Foto: Eduardo Castro]
Teresa Moure, coordinadora do libro [Foto: Eduardo Castro]  

As editoriais Xerais e Através veñen de publicar conxuntamente un libro único pero repartido en dous volumes con cadansúa norma ortográfica que revisa desde Galiza o bolxevismo cen anos despois de que triunfara na Rusia do 1917. 


O centenario da Revolución de 1917 chega cun acordo inédito no que -por vez primeira- dúas editoriais publican un libro en dous volumes de contidos diferentes. 'Bolxeviques 1917-2017' coordinado por Teresa Moure, marca -segundo Xerais- "unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradicións políticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade da nosa lingua e do ensaio escrito nela". 

bolxeviques-xeraisA propia coordenadora de 'Bolxeviques 1917-2017' explícao así no prólogo: "Optamos por unha solución salomónica: autoras e autores decidirían libremente a súa escolla ortográfica e, en función desta, os seus textos veríanse incluídos nun volume ou noutro. Dúas editoras, Xerais e Através aceptaron desde o comezo con todo o entusiasmo un plan sen precedentes. Temos, entón, un acontecemento na historia editorial deste país: un único libro, repartido en dous volumes. Para coñecelo na súa totalidade, é preciso consultar ambos".

Teresa Moure: "Temos, entón, un acontecemento na historia editorial deste país: un único libro, repartido en dous volumes. Para coñecelo na súa totalidade, é preciso consultar ambos".

No volume publicado por Xerais, editado na norma oficial, inclúense os traballos de Justo Beramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, Xoán Carlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé Manuel Outeiriño e Rebeca Baceiredo. 

bolcheviques-atravesMentres, en Através publicaron artigos -en norma AGAL ou en padrón portugués- de Maurício Castro, Margarida Corral, Aurora Marco, Dionísio Pereira, Eliseo Fernández, Mario Regueira, Joel R. Gômez, José Emílio Vicente, Xosé Mexuto -director deste diario-, Carlos Velasco e a propia Teresa Moure. 



x