PREMIADOS EN OUTEIRO DE REI

Xermolos e a irmandade Manuel María recoñecen Agustín Fernández Paz e o escultor Anxo Lamas

Xermolos e a irmandade Manuel María recoñecen Agustín Fernández Paz e o escultor Anxo Lamas
O escritor Agustín Fernández Paz
O escritor Agustín Fernández Paz  

O escritor máis popular da literatura galega nos últimos anos, o querídisimo por lectoras e lectores e falecido o pasado ano Agustín Fernández Paz, e máis o escultor Anxo Lamas recibirán este domingo en Outeiro de Rei "as navallas de Manuel María", que cada ano entregan a asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.


O cabodano do poeta Manuel María, natural de Outeiro de Rei, sérvelle aos dous colectivos da Terra Cha para recoñecer o labor cultural de persoeiros relacionados coa comarca. Este ano encargaranse de manter o acto o escritor David Otero e mais o músico Mero Iglesias.

 

A maiores da entrega de galardóns, haberá unha ofrenda floral ao poeta autor de Muiñeiro de brétemas ou Mar maior e un recital en que participarán os cantores Mini e Mero, Miro Casabella, Antón Valcarce ou Tino Baz.



x