Xornadas de música tradicional na Casa das Campás

Xornadas de música tradicional na Casa das Campás
Juraj Dufek e Miroslava Dufeková
Juraj Dufek e Miroslava Dufeková  

Mañá sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional.


Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo. Desde un relatorio de Moisés Quintas sobre o pito galego até outro de Paulo Gonçalves sobre a “gaita de fole” con concerto incluído, pasando por unha palestra de Ramón González sobre o coro Cántigas e Aturuxos. 

Xa pola tarde haberá presentacións de libros e un relatorio-concerto a cargo dos gaiteiros Juraj Dufek e Miroslava Dufeková que disertarán sobre "Gaitas e instrumentos de vento tradicionais de Eslovaquia", quen o domingo ofrecerán outro recital na compostelá Casa das Crechas. 



x