ESTA TERZA FEIRA

A zoqueira Elena Ferro fala no Museo do Pobo Galego a partir dun sancosmeiro

A zoqueira Elena Ferro fala no Museo do Pobo Galego a partir dun sancosmeiro
A zoqueira Elena Ferro cun sancosmeiro. Foto: cedida.
A zoqueira Elena Ferro cun sancosmeiro. Foto: cedida.  

Un chapeu de aba ancha e copa baixa, fabricado en palla e empregado para se protexer do sol, que vestían as mulleres na zona de Noia, A Barcala, Santiago ou o Xallas, é o obxecto elexido pola zoqueira Elena Ferro para participar no ciclo Temos unha peza, do Museo do Pobo Galego. Trátase do sancosmeiro, un sombreiro elegante e popular, mostra egrexia de cultura tradicional.
 


Elena Ferro falará esta terza feira, 21 de novembro, ás sete do serán no Museo do Pobo Galego en Santiago. Deseñadora coñecida e recoñecida polo seu traballo de reelaboración do calzado campesiño galego, fai parte da terceira xeración dunha familia de zoqueiros. “Os seus zocos son famosos e recoñecíbeis”, sinalan desde o museo, “cambian o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica e convértena nalgo adaptado ás tendencias máis actuais”.

 

Na serie de conferencias Temos unha peza, diferentes persoas achegan a súa experiencia e a súa relación co museo e os seus fondos.



x