SÉTIMA DO MUNDO EN TRIPLO SALTO

Ana Peleteiro, mellor atleta estatal do mes de agosto

Ana Peleteiro, mellor atleta estatal do mes de agosto
Ana Peleteiro nos Mundiais de Atletismo de Londres 2017 Foto: Cedida
Ana Peleteiro nos Mundiais de Atletismo de Londres 2017 Foto: Cedida  

Xa é oficial. A Federación Española de Atletismo fixo público a quen consideraron mellores atletas do pasado mes de agosto, marcado pola celebración do campionato do mundo de Londres. Entre eses nomes figura un galego: Ana Peleteiro, sétima do mundo na disciplina de triplo salto.   


Na categoría feminina, a triatleta ribeirense foi a mellor da equipa estatal en Londres e fixo valer o seu sétimo posto logrado na capital británica coa mellor marca española promesa en triplo salto. Aliás, foi nomeada pola Federación Española de Atletismo como mellor atleta do mes. Perto dela ficaron a marchadora Laura García-Caro con 9 puntos e a mediofondista Marta Pérez con 6 puntos, mais Ana Peleteiro alzouse co galardón após lograr 10 puntos.

 

A equipa estatal de relevo masculino 4x400 metros fíxose acreedora ao galardón do mellor atleta do mes, neste caso cuarteto, após dunha disputada votación co mediofondista Adel Mechaal, cuarto clasificado na proba dos 1.500 metros en Londres. Ambos sumaron un total de 14 puntos nos tres conceptos avaliados, decidíndose a votación a favor dos relevistas polo voto popular.

 

O atletismo galego sementa o seu futuro

 

Xa rematada na súa práctica totalidade a tempada 2016/2017 estamos a comprobar como un importante número de novas e novos atletas están a ocupar os primeiros postos do ránking estatal das categorías inferiores. Concretamente un total de corenta atletas das categorías ‘infantil’ até ‘promesa’, que nas distintas disciplinas do programa atlético, copan os tres primeiros postos do ranking estatal, o que representa unha boa nova para o futuro do noso atletismo.



x