O asasinato de Jimmy ficará sen castigo

O asasinato de Jimmy ficará sen castigo

Un xuíz de Madrid acaba de ditar o sobresemento da causa polo asasinato do seareiro deportivista e membro dos riazor blues Francisco Javier Romero Jimmy.


A emboscada dos ultras do Frente Atlético nas inmediacións do Calderón aos blues que resultou no asasinato de Jimmy ficará sen castigo após un xuíz de Madrid decretar esta cuarta feira o arquivo da causa.

Tamén é arquivada a causa por un delito de lesións contra outro seareiro deportivista, que tamén foi guindado ao Manzanares polos ultras atléticos.

O xuíz non toma en consideración as pesquisas xudiciais -que sinalaban catro persoas como pretensas responsábeis do asasinato- nen dá credibilidade ao testemuño dunha testemuña protexida, un menor.

O sobresemento é produto da consideración do xuíz de que non existen suficientes indicios para investigar ninguén polo asasinato.

Fica aberta a causa aberta contra un centenar de persoas investigadas pola rifa multitudinaria que terían librado atléticos e blues.

 



x