As e os atletas galegos logran 6 ouros e 2 pratas no Campionato Estatal

As e os atletas galegos logran 6 ouros e 2 pratas no Campionato Estatal
XCVII Campionato Estatal de Atletismo, Granollers (Barcelona)
XCVII Campionato Estatal de Atletismo, Granollers (Barcelona)  

A representación galega conseguiu 8 medallas no XCVII Campionato Estatal de Atletismo, decorrido en Barcelona. Após das boas sensacións que deixaron as e os atletas galegos máis os resultados e as marcas persoais logrados no Campionato Galegos, cumpríronse os prognósticos no estatal.


Grande actuación galega no absoluto que se realizou en Barcelona, onde as lanzadoras e os lanzadores galegos foron protagonistas, durante a primeira xornada, ao lograr tres metais. O primeiro ouro chegou da man de Frank Casañas en disco após obter un rexisto de 59,75 metros. Lidia Parada repetiu título cunha marca de 57,97 metros en xavelina, sumando o segundo ouro galego. E o terceiro metal, nesta ocasión prata, veu da man dos 17,19 metros alcanzados por Belén Toimil na disciplina de lanzamento de peso.    

 

Alén das tres medallas logradas pola representación galega nas disciplinas de lanzamento, cinco máis chegaron na segunda xornada do campionato. O domingo cumpríronse os prognósticos coas nosas e nosos atletas. Sonlange Pereira dominou o medio fondo e venceu nunha carreira táctica cun rexisto de 4:40:55, logrando o primeiro ouro da segunda xornada do campionato estatal, malia que Leticia Fernández foi partícipe na mesma carreira que Solange, non puido cruzar a liña de meta por diante da quinta posición cun rexistro de 4:43:20. Após proclamarse subcampioa do Europeo sub 23, Ana Peleteiro fíxose coa medalla de ouro en triplo salto cun rexistro de 13,67 metros. E o terceiro ouro da xornada chegaría da man de Jean Marie Okutu quen volveu reinar no campionato co mellor salto de 7,54 metros. Por último, no que a individuais se refire, a saltadora Saleta Fernández, pupila de Ruth Beitia, fíxose coa prata cunha marca de 1,83 metros, o seu mellor rexistro ao aire libre e iguala o récord galego absoluto de María Romeu.          

 

E o colofón do campionato lévanos a falar, máis unha vez, de Solange Pereira, a gran promesa do atletismo galego e español, na proba de 4 por 400 após quedar primeiras cun rexistro de 3:40:04 e sendo a terceira na equipa de relevos do Valencia.  

 

En resumo, unha gran actuación das nosas e nosos atletas, que amosaron o seu gran estado de forma.



x