GAÑA 93-89 O SAMMIC

O Breogán retorna á máxima categoría

O Breogán retorna á máxima categoría
[Imaxe: @Carlos_Toural]
[Imaxe: @Carlos_Toural]  

Doce anos despois, o Breogán regresa á ACB logo de gañar 93-89 o Sammic nun partido cheo de emoción.


Un Palacio dos Deportes ateigado volveu vibrar co “Breo” ao lograr o regreso á máxima categoría do baloncesto estatal, a Liga ACB. Trátase do quinto ascenso á ACB na súa historia.

 

A vitoria a pasada sexta feira sobre o Sammic dálle ao Breogán o pasaporte para voltar á máxima categoría, que, de confirmar o Monbús Obradoiro a súa permanencia, acollerá un derbi galego 18 temporadas após.

 

Non foi un partido doado para os lugueses, que acadaron a vitoria nun encontro emocionante no que gañaban por catro puntos cando quedaban oito segundos na cancha. O Sammic, que necesitaba gañar para non se ver abocado aos postos de descenso, loitou até o final, mais, finalmente, o “Breo” venceu por 93-89.

 

O descanso representou o punto de inflexión para os homes de Natxo Lezkano ao conseguiren imprimirlle fluidez a un partido que nos compases iniciais dominaban os visitantes. O acerto nas triplas levaron os vascos a arriscar o encontro, mais os lugueses non desistiron e aguantaron até o final.



x