Catalunya impúxose á ‘Irmandiña’ nunha xornada de festa para o fútbol feminino galego

Catalunya impúxose á ‘Irmandiña’ nunha xornada de festa para o fútbol feminino galego
Imaxe: FGF
Imaxe: FGF  

A selección galega, oito anos sen poder xogar, volveu aos campos na Lomba (Vilagarcía), nun encontro de claro dominio catalán.


‘O importante é participar’, unha frase feita e que esta quinta feira na Lomba, Vilagarcía, cobrou especial significación co retorno da selección galega feminina aos campos de fútbol. O importante é participar e para participar hai que estar. Durante oito anos a ‘Irmandiña’ feminina non puido estar. Por iso volver, participar, era moi importante e significativo. O feito de que 4.500 persoas asistiran ao encontro (en día laborábel) amosa o apoio da afección.

Sobre o céspede, Galiza acusou as baixas, entre elas e a última hora a da arousá Mari Paz Vilas (do Valencia), que non puido xogar. Enfronte, unha Catalunya inmensa, cunha equipa integrada maioritariamente por xogadoras de primeira división e baixo a batuta da internacional Aléxia Putellas.Non transcorrera media hora de partido e as catalás xa gañaba por tres goles a cero, plasmando no marcador o seu dominio no campo.

Galiza apostaba en construír o seu xogo en torno a Vero Boquete, que con Teresa Abelleira mantiveron o tipo no medio do campo. A ‘Irmandiña’ teceu algunha xogada de perigo mais non chegou a rematala nun gol. O dominio catalán foi incontestábel embora galiza deixar detalles de que pode aspirar a moito máis (sen baixas e sen apresuramentos de convocatorias).

O encontro desta quinta feira en Vilagarcía organizado pola Federación Galega de Fútbol (FGF) complemente o que tivo lugar hai uns meses e que supuxo a volta da selección galega masculina absoluta.

Ficha

Galiza (0): Ana González, Teresa Abelliera, Miriam Ríos, Nerea Carballo, Desiree Gardón, Carolina González, Verónica Boquete, Natalia de Francisco, Belén Fernández, Eva Luz y Lara Martínez. También jugaron: Sheila Fernández, Carla Otero, Laura Souto, Sandra González, Patricia Carballo, María Arufe.

Catalunya (5): Laura Ráfols, Elba Vergés, María Estella, Eva Llamas, Olga García, Vicky Losada, Alexia Putellas, Carol Férez, Leila Ouahabi, Débora García, Paola Soldevila. También jugaron: Brenda Pérez, Nuria Mendoza, Cristina Baude Esther Sullastres, Aitana Bonmatí, Alba Aznar.

Goles: 0-1 Carol Férez (min. 5); 0-2 Aléxia Putellas (min. 9); 0-3 Olga García (min. 26); 4-0 Olga García (min. 37); 0-5 Eva Llamas (min. 68).

 

 



x