HAT-TRICK DE IBORRA

O Celta cae fronte ao Sevilla cun avultado 0-3

O Celta cae fronte ao Sevilla cun avultado 0-3
[Imaxe: Celta]
[Imaxe: Celta]  

Aínda que mereceu máis, o Celta caeu ante o Sevilla 0-3 nun partido que comezou igualado. Os visitantes adiantáronse ao comezo da segunda metade e os homes de Berizzo non foron quen de lograr a que sería a sexta vitoria ligueira consecutiva en Balaídos.


O partido encetou con ocasións para os dous equipos e desenvolveuse nesa tónica en todo o primeiro tempo. Os andaluces tiveron grandes oportunidades para se adiantar nos pés de Ben Yedder e nun cabezazo de N’Zonzi. O Celta tamén tivo ocasións por parte de Iago Aspas e de Orellana, mais o descanso chegou con táboas no marcador.

O adestrador do Sevilla fixo o primeiro cambio após o descanso na que sería unha decisión providencial para o resultado do encontro. Iborra, que substituía Nico Parella, adiantou os visitantes cabeceando o esférico nun saque de recuncho. O Celta tratou, sen éxito, de se repoñer e intensificou a presión na área andaluza.

O empate case chega da man de Guidetti, en primeiro lugar, e despois de Orellana, mais o segundo tanto foi asinado novamente por Iborra, que marcaba o terceiro gol desde o punto de penalti.

Celta: Rubén, Roncaglia, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Marcelo Díaz, Wass (Bongonda, min.73), Pablo Hernández, Orellana, Sisto (Guidetti, min.66), Iago Aspas.

Sevilla: Sergio Rico, Rami, Pareja (Iborra, min.46), Mercado, Mariano, Sarabia, N’Zonzi, Nasri, Vázquez (Kolodziejczak, min.75), Vitolo, Ben Yedder (Correa, min.80).

Goles: Iborra, 0-1, min.51; Iborra, 0-2, min.84; Iborra, 0-3, min.91 (de penalti).

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amoestou Iago Aspas, Pablo Hernández e Guidetti (Celta); Mariano, Vitolo e Vázquez (Sevilla).