O Celta cae no desconto após un partido brillante

O Celta cae no desconto após un partido brillante
Imaxe: Athletic de Bilbao
Imaxe: Athletic de Bilbao  

Dominou e perdonou nun encontro en San Mamés no que foi superior aos bilbaínos (2-1)


O fútbol é un deporte precioso, apaixonante, mais ninguén dixo que fose xusto. E esta segunda feira volveuno amosar en San Mamés. Un Celta que dominou, que teceu un partido brillante desde o inicio, con personalidade, caeu nos últimos minutos.

O Celta xerou ocasións que non logrou materializar. Dous tiros ao pao indicaban que os celestes ían en serio. Mais tardaron en marcar. Foi no minuto 54 e foi Iago Aspas, que prolonga o seu estado de gracia. Leva dez goles nesta tempada na Liga.

Co gol, o Celta apostou en manter a presión e seguir a cercar a portería local. Iago Aspas tivo nas súas botas o segundo gol, mais Kepa desviou un disparo de socato do celeste. O cancerbeiro do Athletic volveu ter unha intervención decisiva perante un furonazo de Radoja.

A dez minutos do final, cambiaron as tornas. Roncaglia derruba Willians na área: penalti e expulsión. Aduriz non erraba e empataba o partido. Os vascos viñéronse arriba e xogaron os seus mellores momentos. Na última xogada do partido, San José metía o segundo para os locais.

Ficha técnica

Athletic (2): Kepa; Lekue, Bóveda, Yeray, Balenziaga; Vesga (San José, m.46), Beñat; Williams, Raúl García (Sabin Merino, m.72), Muniain (Susaeta, m.62); e Aduriz.

Celta (1): Rubén Blanco; Hugo Mallo, Gustavo Cabral, Facundo Roncaglia, Jonny Castro; Nemanja Radoja, Pablo Hernández, Daniel Wass; Iago Aspas (Sergi Gómez, m.81), John Guidetti (Marcelo Díaz, m.70) e Théo Bongonda (Pione Sisto, m.86).

Goles: 0-1, m.54: Aspas; 1-1, m.81: Aduriz, de penalti; 2-1, m.92: San José.