2-1 E 3-2

Celta e Dépor deixan os tres puntos en Sevilla e Málaga

Celta e Dépor deixan os tres puntos en Sevilla e Málaga
[Imaxe: RCDC]
[Imaxe: RCDC]  

Mala xornada para os equipos galegos da primeira división de fútbol. Tanto o Celta como o Deportivo perderon nas súas respeitivas visitas a Sevilla (2-1) e Málaga (3-2).


O Celta atopouse na tarde do sábado 18 con Berizzo e con Nolito, que desta vez militan no equipo que xoga no Sánche Pizjuán. Os vigueses aproveitaron a súa primeira chegada a porta, no minuto 12, para marcaren o primeiro tanto do partido. Un gol que foi obra de Maxi Gómez logo dunha asistencia de Pione Sisto. O uruguaio marcou outro tanto no minuto 29, mais o colexiado Del Cerro grande sinalou man de Pione Sisto no control e anulou o gol.

 

Seis minutos após marcaba Muriel para o Sevilla e xusto á volta do descanso sentenciaba para o equipo hispalense o ex do Celta Nolito. Os vigueses, sen pegada, gozaron de oportunidades. A máis clara foi de Cabral, mais David Soria sacou unha man milagrosa. Por outra banda, Iago Aspas viu a amarela por pedir penalti nunhas mans de Escudero dentro da área. Tras este partido o Celta continúa con 14 puntos, na zona morna da táboa.

 

Sevilla CF: Soria, Corchia (Kjaer, min.75), Geis, Lenglet, Escudero, Pizarro, N’Zonzi, Sarabia, Vázquez (Banega, min.64), Nolito (Krohn-Dehli, min.84) e Muriel.

 

RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral (Brais, min.78), Jonny, Lobotka (Radoja, min.69), Tucu Hernández, Wass, Iago Aspas, Sisto (Guidetti, min.78) e Maxi Gómez.

 

Goles: 0-1, min.13; Maxi Gómez; 1-1, min.36: Muriel; 2-1, min.49: Nolito.

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou Corchia e Iago Aspas.

 

O Dépor perde tras lograr remontar

 

Tamén deixou os tres puntos en Andalucía o Deportivo, que perdeu contra o Málaga por 3-2. Cando pasaba un cuarto de hora do comezo, o venezolano Roberto Rosales aproveitaba un balón colgado ao segundo pau para bater Rubén. Os galegos non tardaron en reaxir e Lucas colou o esférico, de cabeza, pola escuadra tras unha asistencia de Borges no minuto 22.

 

Borges e Lucas tamén foron protagonistas da xogada do segundo tanto dos branquiazuis. Tras o descanso, Lucas disparou a porta e após o rexeitamento por parte do porteiro malaguista Fabian Schär logrou marcar a pracer no minuto 51. Apenas 10 minutos despois, os locais neutralizaron o tanto cun gol de Chory Castro a pase de Ontiveros. Xa no 84, Borja Bastón culminaba a remontada cunha nova picada por riba de Rubén. Logo deste partido, o Deportivo permanece con 11 puntos.

 

Málaga CF: Roberto, Rosales, Luis Hernández, Baysse, Juankar, Rolón (Juanpi, min. 57), Adrián, Keko (Ontiveros min.57), Chory, Rolan e Peñaranda (Borja Bastón, min. 64).

 

RC Deportivo: Rubén, Gerard Valentín, Schär, Sidnei (Albentosa, min. 46), Luisinho, Guilherme, Borges (Çolak, min. 72), Fede Valverde, Bakkali, Cartabia (Mosquera, min. 62) e Lucas.

 

Goles: 1-0 Rosales (min. 15); 1-1 Lucas (min. 23); 1-2 Schär (min. 52); 2-2 Chory Castro (min. 63) e 3-2 Borja Bastón (min. 84)

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou Guilherme, Peñaranda, Rosales, Navarro, Juanpi, Bakkali, Luisinho, Juancar e Çolak.

 

 



x