O Celta leva un pau que o distancia dos postos europeos

O Celta leva un pau que o distancia dos postos europeos
(Foto: Celta de Vigo)
(Foto: Celta de Vigo)  

O conxunto vigués non foi quen de traducir o seu dominio en goles ante o Vilareal (0-1), nun encontro no que botou en falta Iago Aspas, baixa por sanción no seu mellor momento de forma. Dous balóns á madeira evitaron o empate.


O Celta de Vigo caeu este domingo pola mínima en Balaídos ante o Vilareal, que decantou o encontro á media hora cun gol de Pablo Fornals. Dominou o equipo vigués, que contaba coas importantes baixas de Iago Aspas e Hugo Mallo por sanción, pero non encontrou porta. Os xogadores de Juan Carlos Unzué se encontraron até en dúas ocasións co pau, que xunto o porteiro rival Sergio Asenjo evitaron o empate dos celestes, que empurraron para non perder o tren dos postos europeos.
 

Un Vilareal ben plantado cedeu o control ao conxunto vigués, que tivo problemas para encontrar espazos entre as liñas rivais. Botou en falta nos metros finais a inspiración de Aspas, que chegaba no seu mellor momento da temporada. Unzué apostou como novidade na primeira parte por Brais Méndez para substituír o moañés, mentres que na segunda deu entrada a Emre Mor
 

Tentouno sen éxito até o final o equipo celeste, que acumula a súa segunda derrota consecutiva logo do meritorio empate no Camp Nou. Unha derrota en casa que deixa o Celta na metade da táboa, a seis puntos de Europa e a seis do descenso. Por diante a seguinte xornada terá que disputar o derbi galego en Riazor.
 

Ficha técnica:

Celta:
R. Blanco; Wass, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Hernández, Lobotka, Jozabed (Radoja 72'); Brais Méndez (Emre Mor 46'), Pione Sisto (Guidetti 72') e Maxi Gómez.

Villarreal: Asenjo; Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Jaume Costa; Castillejo (Cheryshev 68'), Rodrigo, Trigueros, Soriano (Guerra 76'); Fornals e Bacca.

Gol: 0-1 Fornals, min.34.

Colexiado: Estrada Fernández. Cartóns amarelos para Jonny (Celta); Fornals, Jaume Costa e Trigueros Vilarreal.

 



x