O Celta perde algo máis que tres puntos

O Celta perde algo máis que tres puntos
Imaxe do RC Celta
Imaxe do RC Celta  

Os celestes puxeron vontade fronte ao Vilareal mais con iso non chegou. Perdeu (0-1) o partido, deixou marchar 3 puntos e afástase a posibilidade de se enganchar a prazas europeas.


Dúas derrotas consecutivas na Liga. A derrota perante o Vilareal (0-1) en Balaídos deixa o Celta a 13 puntos das prazas europeas. Os celestes non foron inferiores ao Vilareal mais tampouco foron quen de crear ocasións decisivas. Puxeron vontade e, sobre todo na segunda metade, intensificaron a visión de ataque sobre a área contraria, acabando coa lingua fóra mais sen os tres puntos. O gol de Soldado (que debería ser expulsado pola súa dura entrada a Marcelo), a piques de finalizar a primeira metade foi a balón parado. E esta é unha materia pendente  do Celta desde hai xa demasiado tempo.

O Celta puxo vontade mais faltaron as ideas. O partido non tivo na primeira fase un dominador claro. Ao Vilareal chegoulle cun  punto de seriedade no xogo e acantoarse na defensa  cando viñan mal dadas.  Na segunda metade o Celta intensificou a tendencia ao ataque, con Beauvue e Aspas ao asedio do forte valenciá. Mais esa ansia non se deu concretado en ocasións e oportunidades claras.

Ficha

Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez (Wass, min.81), Planas, Marcelo Díaz, Radoja (Iago Aspas, min.69), Jozabed, Hjulsager (Beauvue, min.59), Bongonda, Rossi.

 Villareal (1): Andrés, Mario, Musacchio, Víctor Ruiz, Jaume Costa, Trigueros, Bruno, Dos Santos, Soriano (Rodrigo, min.88), Soldado (Sansone, min.70), Bakambu (Castillejo, min.81).

 Goles: Soldado, 0-1, min.44.

 Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amoestou Hugo Mallo, Planas, Bongonda, Aspas (Celta); Soldado, Dos Santos Mussachio (Villarreal).

Campo: Balaídos (16.651 espectadores).



x