O Celta resucita o Málaga

O Celta resucita o Málaga
Imaxe: La Liga
Imaxe: La Liga  

Perde ante o pechacancelas (1-2) nun oartido no que os celestes careceron de personalidade.


O Málaga logrou o seu primeiro triunfo da tempada perante o Celta, ao que derrotou a base de tesón (1-2) e grazas a un penalti no tramo final do encontro. Os de Michel fican así a catro puntos da salvación mentres que os de Unzúe sitúanse máis perto deses postos de descenso que dos europeos.

 

Non foi un bo partido o do Celta. Sen pulso, sen personalidade, caeu perante un Málaga que xogou con rabia e case á desesperada, logrando o froito dos 3 puntos. Non foi que o Celta xogase mal senón que semellaba que por momentos non estaba interesado no que pasaba no campo.

 

O primeiro gol do Málaga, a piques de enfilar o corredor de vestiarios para o descanso, foi un golpe do que os celestes se levantaron. O Celta adiantou a presión e buscou o empate. Protagonizou entón uns bos minutos que deron resultado a falta de 15 minutos para o final: Un bo centro de Sisto desde a esquerda e testarazo de Iago Aspas á rede.

 

Porén, a sete minutos do final, o Málaga adiantábase de novo, grazas a un penalti marcado por Recio. O Celta volveu acordar e tentou outra vez o empate, tendo dúas boas ocasións case en tempo de desconto. Mais, nada.

 

Ficha

Málaga CF (2): Roberto; Rosales, Baysse, Luis Hernández, Juankar, Adrián, Recio; Keko (Ontiveros, min.80), Juanpi (Youssef, min.74), 'Chory' Castro (Rolón, min.92) e Peñaranda.

 RC Celta (1): Rubén, Hugo Mallo (Gudetti, min.84), Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka (Jozabed, min.80) Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto e Maxi Gómez.

 Goles: 1-0, min.45+: Adrián; 1-1, min.76: Iago Aspas; 2-1, min.83: Recio, de penalti

 Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amoestou Hugo Mallo, Cabral, Iago Aspas, Luis Hernández

 



x