O Complexo Deportivo David Cal acolle o Campionato Galego de Piragüismo de Pista 2017

O Complexo Deportivo David Cal acolle o Campionato Galego de Piragüismo de Pista 2017
Campionato Galego de Pista (Verducido, 2016) Foto: Fegapi
Campionato Galego de Pista (Verducido, 2016) Foto: Fegapi  

O Complexo Deportivo David Cal situado no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Pista 2017 para as categorías cadete e infantil nas modalidades de individual e de barcos de equipa sobre as distancias de 1.000 e 500 metros, respectivamente. A competición que dará comezo ás 9 e media da mañá do sábado puntúa para as ligas femininas e masculinas de ambas as dúas categorías.


Amais do título de Campioa Galega e Campión Galego, os clubes xogan os primeiros postos da clasificación xeral das diferentes ligas. A falta de seis probas para o fin das mesmas, o E.P. Cidudad de Pontevedra (510 puntos) lidera a xeral masculina da categoría cadete, seguido polo Clube Náutico Pontecesures (508 puntos) e o Clube Piragüismo Portonovo (498 puntos). Na categoría feminina o primeiro posto é para o E.P. Ciudad de Pontevedra (517 puntos), acompañado polo Clube Náutico Ría de Betanzos (485 puntos) e o Clube Náutico de Miño (484 puntos).

 

A respeito da categoría infantil, o Clube Náutico Pontecesures (280 puntos) vai primeiro na xeral masculina perante o E.P. Ciudad de Pontevedra (269 puntos) e o Piragüismo Vilaboa (260 puntos). A clasificación feminina está a ser liderada polo Clube As Torres Romería Vikinga (276 puntos) a cinco puntos de vantaxe sobre o E.P. Ciudad de Pontevedra (271 puntos), e en terceiro lugar o Clube Náutico O Muiño – Strak Group (265 puntos).

 

Esta proba axuda os adestradores a confeccionar as equipas cara ao Campionato de España de Pista de ambas categorías que se a realizar os vindeiros 29 e 30 de xullo, na pista asturiana situada no pantano de Trasona.



x