O Dépor logra amarrar un punto após remontar por dúas veces ao Athletic (2-2)

O Dépor logra amarrar un punto após remontar por dúas veces ao Athletic (2-2)
Imaxe RC Deportivo
Imaxe RC Deportivo  

Ambos os dous equipos chegaban con urxencia a esta cita en Riazor. Adrián e Schär marcaron para os deportivistas.


O Dépor gañou un punto ou perdeu dous? Tiña enfronte un Athletic que chegaba necesitado a Riazor, disposto a espremer ao máximo o seu xogo de rocha e potencia. O Deportivo precisaba tamén os tres puntos e tiña a favor o factor campo. O gol de Susaeta no minuto 16 adiantaba os bilbaínos e presaxiaba nubarróns para os da Coruña. Mais o Dépor non baixou os brazos nin desfaleceu. Non perdeu cara ao partido e en menos de dez minutos empataba cun gol de Adrián, gañando confianza de cara á segunda metade. Aproveitou ben que, após o gol, os vascos optaron por baixar revolucións e mesmo dar un paso atrás

 

Na segunda parte repetiuse o guión. Adiantouse o Athletic a media hora do final do partido. O Dépor non recúa e mediante Schär volve empatar. Un `punto gañado nun partido duro, exixente, que na recta final comprobou oportunidades por parte de ambos os dous equipos. Iso propiciou un partido intenso. Os vascos estiveron máis perto da vitoria, cominan do en máis fases do partido mais nunca foron quen de fechar o partido e o Deportivo amosou unha enorme capacidade para se refacer e, por dúas veces, empatar.

 

Ficha técnica

Deportivo (2): Rubén Martínez; Juanfran, Schär, Albentosa, Fernando Navarro; Mosquera (Edu Expósito, min.46); Fede Cartabia (Carles Gil, min.85), Borges (Andone, min.63), Fede Valverde, Adrián López; e Lucas Pérez.

Athletic (2): Kepa; Bóveda, Unai Núñez, Laporte, Balenziaga; Iturraspe, Mikel Rico; Williams, De Marcos (Raúl García, min.54), Susaeta; e Aduriz.

Goles: 0-1, min.15: Susaeta. 1-1, min.35: Adrián López. 1-2, min.60: Williams. 2-2, min.76: Schär.

Árbitro: González González, amosou cartón amarelo a Mosquera (min.39), Fede Cartabia (min.44), Edu Expósito (min.68) e Albentosa (min.87), polo Deportivo; e a Laporte (min.71), do Athletic.



x