O Deportivo cae en Sevilla a pés de Joaquín

O Deportivo cae en Sevilla a pés de Joaquín
O Deportivo perdeu o seu terceiro partido do curso onte sábado en Sevilla.
O Deportivo perdeu o seu terceiro partido do curso onte sábado en Sevilla.  

Catro xornadas, apenas un empate, once goles en contra e 17ª
posición provisional na clasificación á espera de que se completen o
resto de partidos desta data. A situación do Deportivo non mellorou
respecto da agonía que viviu no final da pasada campaña. O xogo
tampouco. Mel segue sen dar coa fórmula malia os cinco cambios na
alineación inicial. 

 

O Deportivo mantívose atrás ao inicio do encontro buscando as
carreiras de Andone. Unha táctica da que xa non soubo saír. O tanto
de Joaquín ao cuarto de hora pareceu espertar ao Deportivo, que
atacou con máis efectivos e anotou o empate pocuo despois. Foron
os mellores minutos dos visitantes. Na segunda metade, o Betis
arrancou con forza e mesmo estivo cerca de cobrar un penalti, pero
Undiano Mallenco cambiara de opinión na consulta co asistente.

 

Co partido en equilibrio, sen demasiadas ocasións, foi nun
contragolpe lanzado por Guardado e que culminou Joaquín onde o
Betis rompeu o empate e deixou ao Deportivo cos brazos baixados.
Nen sequera a entrada de Lucas a dez minutos para o final serviu
desta volta a Mel para sumar algún punto en Sevilla.

 

O mércores, ás nove da noite, o Deportivo recibe ao Alavés en Riazor.

 

Táboa

Betis: Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Narváez (Camarasa,
min. 51), Javi García, Guardado, Joaquín (Boudebouz, min. 82), Sergio
León e Tello (Sanabria, min. 73)

Deportivo: Pantilimon, Juanfran, Arribas, Schär, Navarro, Guilherme
(Fede Valverde, min. 54), Borges, Cartabia (Lucas, min. 77), Bakkali
(Luisinho, min. 70), Adrián e Andone

Goles: 1-0 Joaquín (min.14); 1-1 Fede Cartabia (min. 23), 2-1 Joaquín
(min. 76)

Árbitro: Undiano Mallenco (comité navarro). Amonestou a Guilherme
(min. 27), Durmisi (min. 49), Navarro (min. 59), Luisinho (min. 78),
Adán (min. 94)

Campo: Benito Villamarín. 46.174 espectadores.



x