A VOLTA, 11 OU 13 DE MAIO EN BALAÍDOS

O primeiro #nosoderbi da 17/18 será 20 de decembro en Riazor

O primeiro #nosoderbi da 17/18 será 20 de decembro en Riazor
derbi
derbi  

O Deportivo iniciará a temporada de Liga 17/18 en Riazor ante o Real Madrid de Zinedine Zidane. O Celta estrearase tamén en casa recibindo en Balaídos a Real Sociedade. Os derbis galegos serán nas xornadas 17 (cuarta feira 20 de decembro en Riazor) e 36 (5 ou 6 de maio en Balaídos)


O Barcelona, baixo as ordes de Valverde, comezará a rodar sobre o céspede no Camp Nou ante o Betis e recibirá na última xornada a Real Sociedade de Eusebio Sacristán. O Atlético de Madrid xogará o seu primeiro partido ante unha equipa ascendida, quer a temporada pasada, de visitante ante o Girona. A equipa de Simeone ha de disputar os dous partidos fóra do Wanda Metropolitano, o seu novo estadio, pois as obras están sen rematar.   

 



x