O Deportivo remonta e derrota o Xetafe (2-1)

O Deportivo remonta e derrota o Xetafe (2-1)

Os coruñeses suman a súa segunda vitoria nesta tempada ligueira


Sufriuse mais logrouse o obxectivo: derrotar o Xetafe e meter os tres puntos no peto. Malia comezar perdendo, os coruñeses souberon remontar e imporse nun partido que, unha vez finalizado, permitiu suspirar a Pape Mel, o adestrador deportivista, moi cuestionado por parte da afección.

 

O Dépor mereceu máis na primeira metade, mais non lle sorriu a fortuna. O Xetafe non era coxo e tamén tivo as súas oportunidades, mais sen xerar perigo excesivo. De feito, na primeira que os madrileños tiveron clara, marcaron. No minuto 54. Foron a seguir dez minutos nos que o Xetafe a piques estivo de ampliar a diferencia, con Pantilimon evitando o 0-2 nun man a man con Amath.

 

Non materializou o Geta e o Dépor aproveitou para ir arriba e remontar. Suma 7 puntos, abandona a zona de descenso e encadea dúas vitorias consecutivas na casa.

 

Ficha

RC Deportivo (2): Pantilimon, Juanfran (Gerard Valentín, min. 83), Schär, Sidnei, Luisinho, Guilherme, Borges, Fede Cartabia, Fede Valverde (Bakkali, min. 84), Emre Çolak (Andone, min. 67) e Lucas.

Getafe CF (1): Guaita, Damián Suárez, Djené, Juan Cala, Antunes, Álvaro Jiménez, Markel Bergara, Arambarri (Portillo, min. 88), Amath, Jorge Molina (Sergio Mora, min. 78) e Ángel (Molinero, min. 56).

Goles: 0-1 Amath (min. 54); 1-1 Lucas (min. 66); 2-1 Andone (min. 87).

Árbitro: Estrada Fernández (c. catalán). Cartón amarelo a Luisinho (min. 26), Damián Suárez (min. 33), Jorge Molina (min. 62), Schär (min. 64), Markel Bergara (min. 69), Juanfran (min. 83), Andone (min. 87), Bakkali (min. 89) e Guilherme (min. 90+3).



x