Un ex alto cargo do PSOE, implicado nos negocios de Villar

Un ex alto cargo do PSOE, implicado nos negocios de Villar
Rafael Cortés Elvira
Rafael Cortés Elvira  

O auto do xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, revela unha “vinculación clientelar” entre o Grupo Santa Mónica (GSM), que xestionou os dereitos da selección española de fútbol, e a Real Federación Española de Fútbol, na que inclúe a Rafael Cortés Elvira, ex secretario de Estado para o Deporte co PSOE entre 1993 e 1996.


Amais o auto sostén que persoal da federación cobraba ao unísono da sociedade GSM e da propia federación española. Entre o persoal apúntase a María Elena Herrero, esposa de Cortés Elvira e xefa dos servizos médicos da Real Federación Española de Fútbol.

A investigación engade que a resolución do contrato con GSM provocou un perxuizo de 51.746.000 millóns de euros a RFEF que se porían evitar. Aliás, engade que a empresa de Cortés Elvira cobrou de GSM un total de 1.500.000 euros, e que o ex secretario de Estado é socio de Mónica Han Cho, esposa de Gorka Villar, nunha empresa cuxo domicilio social se atopa nunha vivenda dos Villar.



x