A familia de Jimmy vai recorrer o arquivo da causa

A familia de Jimmy vai recorrer o arquivo da causa
jimmy-crop
jimmy-crop  

O xuíz acordou o sobresemento da causa polo asasinato hai dous anos en Madrid do seareiro deportivista Francisco Javier Romero Jimmy.


A familia de Francisco Javier Romero, 'Jimmy', o seareiro deportivista asasinado hai dous anos perto do estadio Vicente Calderón, en Madrid, vai recorrer contra o arquivo da causa. Un xuíz de Madrid ditou o sobresemento da causa.

Tamén é arquivada a causa por un delito de lesións contra outro seareiro deportivista, que tamén foi guindado ao Manzanares polos ultras atléticos. O xuíz non toma en consideración as pesquisas xudiciais -que sinalaban catro persoas como pretensas responsábeis do asasinato- nen dá credibilidade ao testemuño dunha testemuña protexida, un menor. O sobresemento é produto da consideración do xuíz de que non existen suficientes indicios para investigar ninguén polo asasinato.

Fica aberta a causa aberta contra un centenar de persoas investigadas pola rifa multitudinaria que terían librado atléticos e blues.