EUROPEAN CHAMPIONS CUP 2017

Fillos de Breogán e Irmandinhos representan Galiza na máxima competición europea de fútbol gaélico

Fillos de Breogán e Irmandinhos representan Galiza na máxima competición europea de fútbol gaélico
Imaxe dun encontro entre Fillos e Irmandinhos
Imaxe dun encontro entre Fillos e Irmandinhos  Kamy Fernández

Os planteis feminino e masculino das equipas coruñesa e estradense disputan este sábado en Maastricht un campionato no que toman parte equipas de diferentes partes do continente.


O fútbol gaélico en Galiza non para de aumentar, non só en número de clubs e deportistas senón tamén en nivel competitivo e recoñecemento internacional. E todo isto en apenas sete anos, desde o nacemento da primeira equipa en Galiza desta disciplina deportiva, os coruñeses Fillos de Breogán. Precisamente este club vai ser un dos dous que represente Galiza esta fin de semana na European Champions Cup2017 que se desputa en Maastricht. O outro é Irmandinhos da Estrada. Ambos os dous cos seus planteis masculino e feminino (nesta categoría Irmandinhas van nun combinado con Madrid).

 

A European Champions Cup 2017 é, afirman Fillos de Breogán, a máxima competición europea de fútbol gaélico, e reunirá na cidade holandesa 50 clubs e 650 xogadores procedentes de todo o continente, de Galiza a Bretaña, pasando por Italia, Alemaña ou Polonia, entre outros.

 

As Fillas de Breogán quedaron encadradas no grupo A e mediranse fronte a Holanda, Múnic e Paris coas que procurará o pase para desputar o título final. No grupo B estará o combinado Irmandinhas / Madrid con  Béxica, Renns, Berlín.

 

Pola súa banda, o cadro masculino está formado por catro grupos e 12 equipos. No grupo 3 Fillos terá como riváis a Rennes e Viena, e o cadro está completo por Luxemburgo, Irmandinhos da Estrada e Jersey no grupo 1, París, Berlín e Ámsterdam no grupo 2 e Madrid, Bélxica e Varsovia no grupo 4.



x