Fútbol gaélico: Galiza baterase contra Francia

Fútbol gaélico: Galiza baterase contra Francia
Fútbol gaélico selección Foto-AGFG
Fútbol gaélico selección Foto-AGFG  

O encontro amistoso terá lugar o vindeiro 18 de marzo. A selección gala foi sub-campioa no Mundial de Dublín.


A selección nacional de fútbol gaelico volverá en breve a saltar ao terreo de xogo. Será o vindeiro 18 de marzo e contra unha das grandes equipas europeas, Francia. Os galos remataron o Mundial GAA de Dublín que decorreu este verán como subcampións. Galiza foi terceira, polo que o encontro vai ter un chisco máis de rivalidade.

Mais a cita non vai ser so para as equipas masculinas. Tamén haberá partido Galiza-Francia de seleccións femininas. As xogadoras galas, subcampioas da Copa Shield nos GAA World Games, volverán verse as caras contra as galegas, que foron quen de derrotalas naquela final.

Para alén dos partidos que Galiza ten desputado con outras seleccións nos mundiais nos que tomou parte (Abu Dhabi e Dublín), a equipa galega tense enfrontado en encontros amistosos con seleccións como a de Bretaña ou unha selección irlandesa.