Un gol de Aspas dá ao Celta a súa quinta vitoria na Liga

Un gol de Aspas dá ao Celta a súa quinta vitoria na Liga
Imaxe: RC Celta
Imaxe: RC Celta  

Os celestes impuxéronse en Balaídos ao Leganés (1-0) nun partido no que tiveron que suar os tres puntos malia ser superiores.


O Celta derrotou o Leganés (1-0) e suma tres puntos vitais e a súa segunda vitoria consecutiva en Balaídos, folgos que precisa para enfrontar os próximos compromisos que lle veñen: Barcelona e Valencia, primeiro se segundo da Liga. 

 

O Celta gañou grazas a un gol de penalti de Iago Aspas. Foi superior ao Leganés, mais non foi quen de traducir esa superioridade en máis goles, non estivo acertado de cara á portería de Cuellar. O Lega non asumía a derrotar e, aguerrido sobre o campo, pelexou até o último minuto do encontro.

 

Por momentos, sobre todo na segunda parte, foi un monólogo celeste por momentos. Dominio e control da bola e acoso da área madrileña. Porén, esa superioridade non se traducía nun gol que se buscaba avidamente para asegurar o encontro. O tanto non chegou mais os tres puntos non se perderon e o Celta suma a súa quinta vitoria na Liga.

 

Ficha técnica

Celta (1): Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.82), Wass, Sisto (Emre Mor, min.76), Iago Aspas, Maxi Gómez (Guidetti, min.69).

Leganés(0): Cuéllar, Siovas (Tito, min.57), Raúl García, Zaldúa, Muñoz (Dos Santos, min.45), Brasanac (El Zhar, min.23), Gumbau, Erik Morán, Guerrero, Szymanowski, Amrabat.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.23, de penalti).

Árbitro: Hernández Hernández, do comité das Palmas. Amoestou Morán, Gumbau e Dos Santos (Leganés); Fontàs e Jonny (Celta).

Campo: Balaídos (10.840).

Observacións:antes do partido o Celta homenaxeou a cinco padexeiros galegos polos seus éxitos internacionais. Ademais, os xogadores portaron un pano lila na súa saída ao campo en apoio ao Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.



x