Iago Aspas decide un igualado derbi galego 

Iago Aspas decide un igualado derbi galego 
(Foto: @LaLiga)
(Foto: @LaLiga)  

O Celta vence en Riazor (1-0) cun gol do dianteiro moañés, nun encontro que ambos equipos loitaron con intensidade, pero poucas ocasións, por algo máis que tres puntos.


Un gol de Iago Aspas decidiu o derbi galego en Riazor, nun encontro marcado pola igualdade e a intensidade de ambos conxuntos. O xogador de Moaña volveu ser decisivo para os celestes, que dominaron na primeira metade pero sufriron na segunda até adiantarse. O Celta pecha unha grande semana despois de confirmar o seu pase en competición europea, mentres que o Dépor mostrou de novo o seu bo estado de forma malia a derrota 

Saltaron os xogadores o terreo co himno galego como protagonista nun estadio coruñés sen unha butaca baleira e que recibiu o seu equipo cun mosaico. Sen grandes novidade nos onces iniciais, a primeira metade impuxéronse as defensas. O conxunto vigués controlaba a posesión pero non conseguía superar a presión alta dos de Pepe Mel. No minuto 12, a lesión Guidetti deu entrada o francés Beauvue que sería fundamental no único gol do encontro. Nos últimos minutos antes do descanso, comezou a animarse o encontro.

E nada máis arrancar o segundo tempo o Dépor tivo unha das súas mellores ocasións. Un erro defensivo dos celestes non foi aproveitado primeiro por Borges e logo por Joselu e Bruno Gama. Saíu o equipo coruñés ao ataque e cambiou a tendencia da primeira metade. Pero cando máis cómodo estaban os branquiazuis, apareceu Iago Aspas 

O dianteiro de Moaña cazou un centro medido de Beauvue desde a dereita para poñer por diante o encontro no minuto 74. Durmiu o encontro o equipo de Berizzo. Porén, os coruñeses buscaron o empate nos minutos finais sen éxito. Os seis puntos dos derbis galegos acaban este ano en Vigo. Cun Celta que sae reforzado, pero aínda lonxe dos postos europeos, e cun Dépor que mellora a imaxe da primeira volta mais necesitado de puntos para non aproximarse de novo o descenso.

 


0 - Deportivo da Coruña: Lux; Juanfran, Arribas, Albentosa, Luisinho; Mosquera. Álex Bergantiños; Bruno Gama (Carles Gil, min.60), Borges, Fayçal Fajr (Çolak, min.76); e Joselu (Andone, min.66).

1 - Celta de Vigo: Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny; Radoja, Pablo Hernández; Iago Aspas, Wass (Jozabed, min.86), Bongonda (Pione Sisto, min.71); e Guidetti (Beauvue, min.12).

Gol: 0-1, min.74: Aspas.

Colexiado: Martínez Munuera. Cartón amarelo a Cabral (min.14), Hugo Mallo (min.65), Pablo Hernández (min.83) e Pione Sisto (min.86), polo Celta; e Luisinho (min.56), Lux (min.75), Mosquera (min.80) e Çolak (min.93), polo Deportivo.

 



x