Maxi Gómez volve marcar e dá ao Celta os seus primeiros tres puntos

Maxi Gómez volve marcar e dá ao Celta os seus primeiros tres puntos

Os celestes derrotaron o Alavés (1-0) nunha vitoria traballada.


Á terceira foi a vencida. Após as derrotas fronte a Real Sociedad e Betis, os celestes lograron a súa primeira vitoria na Liga, contra o Alavés, e grazas a un gol de Maxi Gómez, que xa leva catro. Tres puntos para matar a ansiedade, coller aire e templar nervios. Estrenouse Lobotka como titular e Erme Mor debutou nos minutos finais.

O Celta dominou gran parte do partido mais Alavés mais os vascos gozaron de varias ocasións claras que non foron quen de materializar. Sergio Álvarez resultou providencial para desgraza de Bojan, que tivo nas súas botas dous goles.

Un penalti non sinalado a Aspas ao comezo da segunda parte puxo a nota polémica a un encontro no que o Celta sufriu máis do necesario.

Táboa

Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Fontàs (Sergi Gómez, min.74), Cabral, Jony, Lobotka, Wass, Jozabed (Tucu, min.81), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.87), Maxi Gómez.

Alavés (0): Pacheco, Vigaray, Alexis, Ely, Pedraza, Dani Torres, Pina, Romero, Burgui (Ibai, min.71), Enzo (Munir, min.58) e Bojan (Sobrino, min.78).

Goles: Maxi Gómez (1-0, min.33).

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amoestou Jonny, Iago Aspas, Jozabed, Maxi Gómez (Celta); Vigaray, Dani Torres, Alexis, Ibai Gómez (Alavés).

Campo: Balaídos (17.384 espectadores).



x