Messi manda o Celta para a casa

Messi manda o Celta para a casa
Imaxe: La Liga
Imaxe: La Liga  

Dous goles do arxentino en dous minutos desarmaron os celestes. Os galegos apenas foron quen de opoñer resistencia.


O empate no primeiro embate  da eliminatoria (1-1) fixo albergar expectativas no Celta de que podía deixar o Barcelona fóra da Copa, por moi difícil que fose o reto. De feito, os celestes viñan de lograr un empate contra o Real Madrid e a comezos de decembro empataran co Barça no Camp Nou. Había, pois, base para a afouteza e tentar a fazaña.

 

Mais pouco durou iso. Dous goles de Messi en apenas dous minutos desarbolaron a armada celeste, que veu como cando se elavaba apenas media hora de partido xa perdían catro a cero, un resultado que facía imposíbel calquera esperanza de remontada.

 

O Celta evidenciou as súas carencias e, preocupante, mostrou falla de fame, de actitude. Agás Iago Aspas, claro. Certo é que cun Messi como o desta quinta feira  no Camp Nou pouco se pode facer. A sensación era que o Celta deixara o partido e marchara para a casa cando aínda ía mediada a primeira parte do encontro.

 

Fóra da Copa do Rei, competición na que os celestes rendera a gran altura nas últimas citas, cómpre centrase na Liga. Algo que Unzue tivo claro cando xa no descanso optou por deixar Aspas e Wass nos vestiarios.

 

Ficha técnica

FC Barcelona (5): Cillessen, Semedo, Piqué (Vermaelen, min.46), Mascherano, Alba, Rakitic, Busquets, Iniesta (Arnáiz, min.62), André Gomes, Messi (Dembelé, min.59) e Suárez.

RC Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Jonny, Lobotka, Wass (Radoja, min.46), Jozabed, Emre Mor, Sisto (Brais, min.57) e Iago Aspas (Maxi Gómez, min.46).

Goles: 1-0, min.13: Messi; 2-0 min.15: Messi; 3-0, min.28: Jordi Alba; 4-0, min.30: Suárez; 5-0, min.87: Rakitic.

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario.



x