Nadia Iglesias conquista para Galiza o primeiro campionato europeo de patinaxe artística

Nadia Iglesias conquista para Galiza o primeiro campionato europeo de patinaxe artística

É o primeiro título continental para esta rapaza de 18 an os de Ames após conseguir o pasado ano o subcampionato europeo xuvenil. Ademais, é o primeiro campionato de Europa da historia para o patinaxe artístico galego.


Nadia Iglesias de Salvador vén de conseguir en Roana (Italia) o primeiro título europeo na modalidade libre de patinaxe artística. Trátase do seu primeiro título continental para esta rapaza de 18 anos após conseguir o pasado ano o subcampionato europeo xuvenil. Ademais, é o primeiro campionato de Europa da historia para a patinaxe artística galega. Nadia Iglesias, que pertence ao CPA Maxia, participará no mundial júnior que se vai disputar en Nanjing (China) do 26 de agosto ao 10 de setembro. 

 

Nadia conseguiu o título europeo cunha puntuación de 483,30 puntos superando as patinadoras italianas, que partían como grandes favoritas. Cecilia Marocchi foi segunda con 455,89, mentres que a eslovena Jessica Marka logrou a terceira praza con 445,50 puntos.

 

Nadia Iglesias pertence ao Club de Patinaxe Artística Maxia da Coruña, estivo dirixida por Rosa García.  A gañadora explicou que “o certo é que durante toda esta tempada esforceime moito nos adestramentos e xa desde un principio tiña o obxectivo de ser campioa de España para poder clasificarme para o europeo e o mundial. Unha vez que me proclamei campioa de España xa tiña en mente novos retos e ilusións e foi cando pensei que podía chegar a gañar o ouro no Europeo, aínda que máis coma un desexo que como algo real”.



x