Non brillou mais gañou: o Celta pasa a oitavos da Copa do Rei

Non brillou mais gañou: o Celta pasa a oitavos da Copa do Rei
Imaxe: RC Celta
Imaxe: RC Celta  

Un gol de Marcelo Díaz de falta directa asinou o pase celeste, que fecha o ano vivo en todas as frontes: copa, Liga e Europa.


Non foi o mellor Celta o que esta quinta feira xogou en Balaídos, desde logo. Protagonizou un partido gris, no que dominou na maior parte do tempo, mais sen amosar o ADN de gosto polo xogo que caracteriza os celestes destes últimos anos. Viña cun resultado favorábel (0-1) e quizás iso fixo que non estivese polo labor. Malia todo, o Celta gañou e pasa oitavos de final da Copa do Rei.

O gol foi obra de Marcelo Díaz, que executou maxistralmente unha falta directa. O chileno reatopábase co gol e daba a vitoria ao Celta. Os celestes dominaron mais tamén cometeron erros nalgúns tramos, que o Ucam de Murcia aproveitaba para contragolpear, aínda que sen éxito final.

O Celta gañou e mantense vivo nesta competición. Fecha o ano así cun bo balanzo: vivo na liga, vivo en Europa e vivo na Copa. E Berizzo xa deixou caer que non lle desgostaría que lle tocase o Dépor en oiavos da Copa do Rei.

Ficha técnica

Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Marcelo Díaz, Pablo Hdez. (Wass, min.61), Señé (Bongonda, min.79), Sisto, Rossi.

UCAM (0): Ribas, Tekio, Hugo Álvarez, Unai, Morillas, Juande, Basha, Collantes, Natalio (Imaz, min.70), Vicente (Nono, min.63), Jona (Pallarés, min.75).

Resultado global: 2-0 (ida: 0-1; vuelta: 1-0).

Goles: Marcelo Díaz, 1-0, min.29.

Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Cartón a Morillas (UCAM).

 

 


 


 



x