O Celta, sen recompensa

O Celta, sen recompensa
Imaxe: La Liga
Imaxe: La Liga  

S celestes foron superiores ao Atlético mais non foron quen de traducilo en goles e perderon (0-1) fronte aos madrileños.


Catro partidos despois o Celta caeu derrotado. Fronte ao Atlético de Madrid, que gañou en Balaídos xogando ao seu (0-1). En xogo venceron os celestes, pouca dúbida hai diso, mais iso non dá puntos. E o resultado, o que conta, foi para o peto dos ‘colchoneros’.

O partido comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas na vaga de lume

A equipa viguesa foi superior, o que se plasmou en posesión de balón, en número de ataques... Desputou algún dos mellores momentos da tempada, con media ducia de intentos de marcar en apenas 20 minutos, os do comezo do encontro. Porén, fútbol é fútbol, foi entón cando chegou o gol dos atléticos. A balón parado (saque de esquina), como gosta Simeone.

 

O Celta non baixou os brazos mais tampouco foi quen de marcar embora pisar o pedal de acelerar e ter Iago Aspas unha boa oportunidade na que máis dun berraba gol cando a bola saíu lambendo o traveseiro. A 15 minutos do final Unzué decidiu ir a por todas e deu entrada a Guidetti e Emre Mor por Wass e o Cabral, toda unha declaración de intencións de que se ía a polo partido. O dominio do Celta fíxose entón case absoluta. Mais sen recompensa.

Ficha técnica

Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Emre Mor, min.72), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Guidetti, min.72), Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Maxi Gómez.

 Atlético (1): Oblak, Juanfran, Savic, Godín, Lucas, Thomas, Gabi (Giménez, min.65), Saúl, Correa (Filipe Luis, min.87), Gameiro (Gaitán, min.60), Griezmann.

 Goles: Gameiro (0-1, min.28).

 Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amoestou Jonny, Cabral, Pablo Hernández (Celta); Savic, Saúl, Gabi, Juanfran, Thomas (Atlético).

 Campo: Balaídos (12.879 espectadores).



x