O NOSO DERBI

O Celta imponse en Riazor

O Celta imponse en Riazor
Imaxe de RC Celta
Imaxe de RC Celta  

Intenso, apaixonante e sen tregua. O enfrontamento en Riazor entre Dépor e Celta finaliza con vitoria dos segundos (1-3), con mellor pegada.


O 9 de novembro de 1924 disputouse o primeiro #onosoderbi oficial. Foi na Coruña e gañou o Dépor 3-0. O Celta tomaría a revancha na volta, no vello campo de Coia, onde gañou, tamén por 3-0. Celestes e branquiazuis enfrontáronse en 166 ocasións, a última delas a deste sábado en Riazor, nun partido intenso cuxos 3 puntos marcharon para as Rías Baixas grazas á vitoria do Celta (1-3). Os de Vigo semellan terlle collido o ‘aquel’ a ‘O Noso Derbi’ nos últimos enftontamentos. No histórico, 67 enfrontamentos acabaron con vitoria celeste por 63 deportivista.

 

O madrugador gol de Wass, no minuto 3, descolocou estratexias previas e obrigou a repensar o partido. O Dépor non se enrrugou e puxo proa ao encontro. Tomou posesión do balón, apostou en atacar, cortocircuitar  os intentos do Celta de tecer xogadas. Mais esa aposta non se concretou en gol.

 

Foi un partido no que Aspas volveu a reivindicarse fronte ao Dépor. Dous goles e unha presenza ameazante ao longo de todo o encontro. Porén, cando o Celta ía gañando tres a cero marcou o Dépor, que volveu a prender os motores e poñer alma e corazón no ataque e na intensidade. Mais o Celta non perdeu nunca os nervios, e amosou un punto de madurez para meter no peto o partido.

 

Ficha técnica

Deportivo (1): Rubén, Juanfran, Schär (Fede Varela, min.60), Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Carles Gil (Borja Valle, min.80), Çolak (Andone, min.46), Adrián, Lucas Pérez.

Celta (3): Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Brais Méndez, min.90), Tucu Hernández, Iago Aspas, Maxi Gómez (Radoja min.79), Sisto (Emre Mor, min.70).

Goles: Wass (0-1, min.3); Iago Aspas (0-2, min.40); Iago Aspas (0-3, min.53); Andone (1-3, min.59).

Árbitro: Undiano Mallendo, Amoestou Borges, Schär (Deportivo); Rubén, Hugo Mallo (Celta).

 



x