Outra incógnita chega a Riazor

Outra incógnita chega a Riazor
O futebolista ghanés nun partido contra Alemaña
O futebolista ghanés nun partido contra Alemaña  

Nova aposta incerta do Dépor. Chega a proba o medio centro ghanés  Sulley Muntari, de 33 anos. Non xoga un partido oficial desde abril de 2017. Vén a proba.


Muntari é un vello coñecido de Seedorf. Partillaron vestiario no Milan primeiro como futebolistas e, despois, xa como xogador e técnico, no curto período en que o de Surinam asumiu o banco rossonero.

 

É unha absoluta incógnita o seu estado físico, sendo que non disputa un partido oficial desde abril de 2017. Con Seedorf como treinador, na temporada 2013-2014, disputou 14 partidos, 8 deles como titular. Muntari vén a proba. Só ficará se é quen de alcanzar unha mínima forma física.

 

A maior parte da súa carreira profisional desenvolveuna no calcio (Udinese, Inter, Milan, Pescara), con incursións na Premier (Portsmouth e Sunderland) e unha crepuscular presenza en Arabia saudita, na temporada 2015-2016.

 

No clube da Praza de Pontevedra ninguén dubida de que a peza que falta para compensar o plantel é un mediocampista que varra o xogo alleo. A incógnita é se Muntari está á altura ou non das esixencias físicas dese posto.

 

Muntari, que se incorporará esta sexta feira aos adestramentos en Abegondo, chega ao Deportivo como axente libre (estaba no paro) e ocupará a praza que deixou vacante Bruno Gama.



x