Un penalti imaxinario derrota o Celta na estrea do campionato en Balaídos

Un penalti imaxinario derrota o Celta na estrea do campionato en Balaídos
Iago Aspas
Iago Aspas  

A má noticia, a fuxida dos tres pontos de Vigo. A boa, as sensacións positivas que en xeral transmitiu o combo adestrado por Unzue e as magníficas prestacións do dianteiro uruguaio Maxi, que selou as súas dúas primeiras dianas en Balaídos.


Xogar ben, por momentos abeirando a excelencia, oferecer boas sensacións e perder. Así é o futebol e así o mostrou por enésima vez en Balaídos. A equipa de Unzue non puido colleitar nen un só ponto na súa estrea no campionato. O momento culminante do partido non o protagonizou nengún futebolista, senón o árbitro. Só el viu dentro da área unha falta producida fóra. A Real non desaproveitou a dádiva.

 

Nese momento (minuto 87) o taboleiro de marcas sinalaba un empate a dous goles. O Celta estivo excelente no arranque de xogo e en xeral levou a iniciativa. Mais tamén cometeu algúns erros parvos (nomeadamente a saída en falso de Sergio no 1-1) que o acabaron condenando. Polo medio, a freguesía celeste puido gozar da competencia goleadora do seu novo dianteiro, o uruguaio Maxi, autor dos dous tantos do combo galego. Mellor estrea, case imposíbel.

 

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Jozabed (Lobotka, min.76), Wass, Iago Aspas, Sisto (Hjulsager, m. 86), Maxi Gómez (Pablo Hdez. m. 66).

 

Real Sociedade: Rulli, Illarra, Xabi Prieto, Willian José, Aritz, Canales (Vela, min.57), Zurutuza, Oyarzabal, Odriozola (Juanmi, m. 66), Rodrigues, Raúl Navas.

 

Goles: Maxi Gómez (1-0, m. 22). Oyarzabal (1-1, m. 32); Maxi Gómez (2-1, m. 50); Juanmi (2-2, m. 80)); Willian José (2-3, m. 87).

 

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou Maxi Gómez, Jonny e Hugo Mallo (Celta); Illarra (Real Sociedad).

 

Campo: Balaídos (16.961 espectadores).

 



x