Regresa a 'Irmandiña' feminina: o 22, contra a selección de Catalunya

Regresa a 'Irmandiña' feminina: o 22, contra a selección de Catalunya
A Irmandiña feminina, no encontro de 2007. Imaxe: Vieiros
A Irmandiña feminina, no encontro de 2007. Imaxe: Vieiros  

A absoluta feminina enfrontarase ás catalás no campo da Lomba, Vilagarcía. Entre as convocadas, Verónica Boquete e Maria Paz Vilas.


Volve a selección galega feminina absoluta. Este 22 de decembro, no estadio da Lomba (Vilagarcía de Arousa) e contra a selección de Catalunya. Faino seis meses despois do retorno da 'Irmandiña' absoluta masculina. O acordo acadado entre a federación galega e a catalá fai posíbel este encontro, que se disputará a partir das 19:00 horas e será retransmitido pola TVG e TV3.

Entre as xogadoras convocadas están Verónica Boquete e Maria Paz Vilas. A dirección deportiva da Federación decidiu que sexan os propios adestradores das seleccións galegas femininas de base os que asuman tamén a dirección técnica da Selección Absoluta. Quin Valbuena (seleccionador Sub-18) e Susú Cores(seleccionadora Sub-12) formarán un tándem técnico, mentras que Edu González (seleccionador Sub-16 e licenciado en INEF) realizará a función de preparador físico do equipo.