A subcampioa do europeo de triplo salto ten nome galego, Ana Peleteiro

A subcampioa do europeo de triplo salto ten nome galego, Ana Peleteiro
Ana Peleteiro
Ana Peleteiro  Foto: TVG

A ribeirense Ana Peleteiro sumou o segundo metal para a delegación estatal nos Europeos sub 23, disputados a fin de semana no Zawisza Stadium na localidade polaca de Budgoszcz, tras obter prata na final de triplo salto.


Premio Princesa de Asturias, nesta ocasión Peleteiro suma un metal máis á súa grande carreira profesional. Desta volta, Peleteiro pasou á final coa quinta mellor marca, exhibindo a súa capacidade competitiva.

 

Malia dominar a final durante as tres primeiras rondas, após asinar no seu segundo intento un salto de 14,19 metros, tivo que se conformar coa segunda praza ao ser superada por Panturoiu. A atleta de orixe romanés alzouse co triunfo cunha marca de 14,27 metros, un rexistro que a de Ribeira non puido superar nas dúas últimas tentativas, nas que realizou 12,74 e 13,90 metros. O terceiro posto foi para a francesa Diallo, bronce con 13,99 metros.

 

Vese que Peleteiro, quen levaba cinco anos sen mellorar a súa marca persoal, superou a fase, quizás, máis dubitativa da súa carreira. O pasado 2 de xullo logrou elevala até os 14,22 metros en Valencia, récord de España promesas, e marca mínima para os Mundiais de Londres en agosto.



x