Desde Suíza a Mera para aprender como vogar a xeito

Desde Suíza a Mera para aprender como vogar a xeito

Adestradores e remeiros do club de remo da universidade de Lausanne están a coñecer da man do Centro deportivo Mariñeiro os segredos do remo.


No 2015 a traiñeira de Mera volvía competir na Liga Galega e amosaba que o remo en banco fixo collía pulo nesta vila que fai parte do concello de Oleiros. Agora, en abril de 2017, adestradores e remeiros do club de remo da universidade suíza de Lausanne desprazáronse até Mera para coñecer a metodoloxía  que emprega o centro deportivo coa , tanto no aspecto técnico como no físico.

Segundo informa o propio club meracho, realizáronse 4 sesións de adestramentos no mar nas que os remeiros suízos foron poñendo en práctica os conceptos técnicos principais da remada implantada no club de remo de Mera. Tamén se levaron a cabo encontros formativos en terra nos que os adestradores de Mera explicaron determinados  aspectos da planificación deportiva que realizan.

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera recoñece “unha grande satisfacción” poe esta visita, que considera que supón un importante recoñecemento ao traballo realizado nestes anos por este club de remo galego. 



x