A traiñeira de Ares imponse na primeira regata da pre-temporada

A traiñeira de Ares imponse na primeira regata da pre-temporada

Un total de 37 embarcacións tomaron parte nas diferentes categorías do IV Memorial Lagar, que decorreu en augas do Grove. Os de Ares comezan a tempada como finalizaron a anterior, con vitorias.


Teremos que afacernos a sumar Ares aos nomes de Cabo e Tirán cando falemos das traiñeiras galegas na elite? Iso parece. A embarcación da comarca de Ferrol gañou merecidamente o título de traiñeira revelación 2016: acabou a tempada pasada con conquista da Liga Galega de Traiñeiras e un ascenso á ACT que moi poucos esperaban. E comeza esta pre-temporada con vitoria. O Clubde Remo Ares gañou a IV edición do Memorial Lagar, que se desputou no Grove, a primeira proba do calendario e na que tomaron parte 37 traiñeiras. Na categoría feminina, a vitoria foi para as remeiras de Mecos

A 'Santa Olalla de Lubre' marcou un tempo de 19:08, impóndose ao club Mecos, que foi segundo, con 19:17 e Cabo de Cruz, que entraron terceiros, con 19:22. Na edición de 2015, Ares acabara de cuarta. O 'Memorial Lagar', trofeo que leva o nome de Miguel Fernández Lores, remeiro prematuramente falecido e que competiu nas tripulacións de Mecos e Astillero (Cantabria).

O Club de Remo Ares foi fundado o 9 de Decembro de 1958 por Francisco Saavedra “Pancho”,recollendo así a gran afición que había polo remo na vila de Ares.