Vinte e unha traiñeiras disputarán esta tempada unha Liga Galega na que volven Ares, A Cabana e Cabo B

Vinte e unha traiñeiras disputarán esta tempada unha Liga Galega na que volven Ares, A Cabana e Cabo B

12 farano na categoría A e 9 na B, todo un récord de embarcacións.


A Liga Galega de Traiñeiras (LGT) arrancará en xuño con todo un récord en embarcacións participantes. Un total de 21 embarcacións formalizaron o rexistro para participar na tempada 2018 da LGT, competición que ano tras ano aumenta en embarcacións competidoras e difusión. Destas 21 traiñeiras, 12 competirán na categoría A e 9 na B. Non debemos perder de  vista queo remo galego ademais dous representantes na elite da ACT (Tirán e Cabo de Cruz).

 

Compiten Ares, A Cabana-Ferrol, Cabo B, Samertolameu, A Pobra, Mecos-Mondariz, Bueu-Teccarsa, Castropol, Amegrove,  Coruxo, Vilaxoán,  Rianxo, Chapela, Salgado-Perillo,  Mera, Mugardos, Muros, Virxe da Guía,  Cedeira, Vila de Cangas e Esteirana.

 

 

A tempada pasada, 2017, Samertolameu de Meira alzouse co campeonato da Liga Galega de Traiñeiras (LGT).  Un título que xa obtivera en 2003, 2004, 2005, 2006, 2013 e 2014



x