INQUÉRITO DE SERMOS

Abrumadora maioría a prol da tarifa eléctrica galega

Abrumadora maioría a prol da tarifa eléctrica galega
Abel Losada, á esquerda, e Adrián Dios, en pleno debate
Abel Losada, á esquerda, e Adrián Dios, en pleno debate  

Votaron un total de 1.012 persoas. 960, 94,8 por cento, fixérono a prol de Galiza ter unha tarifa eléctrica propia.


O debate sobre a xestión da enerxía eléctrica que produce Galiza foi o argumento do inquérito da pasada semana no espazo de participación do Sermos. A enquisa tiña como orixe a discusión tida sobre o asunto polo deputado do PSdeG Abel Losada e o economista da USC Adrián Dios, confronto dialéctico que viu a luz no número 250 do semanario.

 

Na sondaxe votaron 1.012 persoas, 480 delas -unha esmagadora maioría, 94,8 por cento- pronunciáronse a prol de Galiza ter unha tarifa eléctrica propia. 11 (2,1 por cento) dixeron non ter unha opinión formada ao respeito, en tanto que 16 (1,5 por cento) apoiaron manter unha tarifa eléctrica única para todo o Estado. 14 persoas, 1,3 por cento, votaron pola opción de que só se bonificasen na Galiza determinados segmentos do consumo eléctrico.



x