Afacernos a un novo tempo

Afacernos a un novo tempo

Estes últimos meses na Galiza saíronse no meteorolóxico do que foi norma durante séculos. E iso, en sectores tan dependentes do tempo como o primario, supuxo alteracións de ritmos produtivos, perdas de produción e prexuízos económicos. Ao que se engade a sensación de que as administracións non toman a serio un problema cuxas consecuencias poden ir alargándose. O que nestes meses foi excepcional pode acabar converténdose en rutineiro. 


Galiza é un país privilexiado en microclimas, o que lle permitiu, canda outros factores como a orografía, ter unha variedade e riqueza de cultivos e produtos, tanto en mar como en terra, difícil de atopar noutros países de similar tamaño. Mais estamos a falar dunha realidade relativamente fráxil e na que o compoñente climático xoga un papel determinante. Por iso, cando os ciclos habituais meteorolóxicos sofren perturbacións importantes, sectores como o gandeiro, o marítimo-pesqueiro ou o hortofrutícola –coa súa importancia- notan os efectos de inmediato. E non para ben precisamente.

2“Si que hai preocupación no agro”, afirma Manuel Da Cal, coordinador da Federación Rural Galega (Fruga), en conversa con Sermos Galiza. “Habería que poñerse en serio a estudar como nos vai afectar todo isto”, engade Isabel Vilalba, do SLG, o Sindicato Labrego Galego. Galiza pasou no 2016 por un dos veráns máis secos da súa historia, ao que lle seguiu un decembro e un xaneiro de 2017 que marcaron a seca invernal máis longa desde hai 15 anos. Xaneiro despediuse con fortes xeadas e febreiro comezou con duro temporal. 

 

A reportaxe completa podes lena no semanario Sermos Galiza nº233, xa na nosa loxa.