Amancio Ortega recibirá en 2017 máis de 1.250 millóns de euros en dividendos de Inditex

Amancio Ortega recibirá en 2017 máis de 1.250 millóns de euros en dividendos de Inditex
Amancio Ortega
Amancio Ortega  

A empresa gaña 10 por cento máis e xa supera os 3.000 millóns de euros de beneficio neto.


Amancio Ortega vai ingresar este ano un total de 1.256 millóns de euros en concepto de dividendos de Inditex, a empresa que fundou e da que é primeiro accionista. O ano pasado recibiu por este mesmo concepto 1.108 millón s de euros. O consello de administración de Inditex proporá á xunta xeral o pagamento dun dividendo de 0,68 euros por acción.

Amancio Ortega é o primeiro accionista de Inditex, cunha participación de 59,294%, equivalente a un paquete de 1.848 millóns de accións. Pola súa banda, a súa filla Sandra Ortega, que posúe 5,053% desta xigante do téxtil, cobrará este ano máis de 107 millóns en dividendos de Inditex.

Ademais, Inditex afirma que distribuirá con cargo a 2016 máis de 535 millóns de euros entre todos os traballadores que integran o grupo, que se sumarán aos seus respectivos salarios.

Inditex logrou en 2016 un beneficio neto que superou os 3.000 millóns de euros, 10% máis. E as vendas situáronse por riba dos 23.000 millóns de euros. 12% máis. 



x