A armadora do pesqueiro galego admite que “por erro” entrou en augas arxentinas

A armadora do pesqueiro galego admite que “por erro” entrou en augas arxentinas

A armadora do buque galego retido en Arxentina admite que o ‘Playa Pescamar Uno’ puido entrar en augas dese país mais que iso debeuse a un erro nun dos tres GPS que o pesqueiro leva a bordo. Segundo a defensa legal da armadora, as autoridades arxentinas comprobaron e verificaron in situ o mal funcionamento dun destes aparatos cando o barco chegou ao porto de Comodoro Rivadabia.

 

Na comprobación, dous dos FGPS situaban o barco no porto mentres que o terceiro, o que dá a posición no mapa ao capitán, situábao máis lonxe. Esta é a estratexia de defensa do buque, apreixado e retido desde a pasada segunda feira. A armadora quer reducir a sanción a través dun acordo coa administración do país austral, que podería situar a multa entre 240 e 285.000 euros.

 

A Prefectura Naval Argentina (PNA) comunicou no momento do aresto ao capitán do barco que estaba 800 metros dentro das augas da zona económica exclusiva(ZEE) arxentina.



x