SERMOS 263

As lonxas, un rico bocado

As lonxas, un rico bocado

Co argumento de que a lonxa dá perdas –argumento negado polos traballadores da sala–, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, López Veiga, abriu as portas a privatizar esta rula, que só no primeiro semestre facturou 66 millóns de euros e é a principal lonxa de Galiza e o Estado e a segunda na Europa Atlántica. Son as lonxas o novo albo da cobiza privatizadora?


As lonxas galegas –unhas sesenta, de diferente capacidade e tamaño, repartidas ao longo da costa galega, entre A Guarda e Ribadeo– facturaron en 2016 case 500 millóns de euros polas subastas de peixes, bilvalvos, crustáceos e cefalópodos nas súas salas. Unha cifra que supuxo a maior facturación rexistrada polas rulas galegas desde que entramos no século XXI. En 2016 subastáronse 188.000 toneladas de diferentes recursos mariños nas lonxas do noso país (non se subastaba tanta cantidade desde 2009) e iso deixou uns resultados de 490 millóns de euros, que supón 6% máis que no exercicio anterior, 2015.

 

Non son, pois, estes malos datos. Nomeadamente nun sector, o do mar, que en Galiza sufriu estea anos as gadoupas da crise e de diversas decisións sobre topes, cupos, etc... que lle prexudicaron de forma moi directa.

 

SG263_MINI_18-19O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo suxeriu hai unha semanas a privatización da lonxa, unha rula que nos primeiros meses deste 2017 facturou por volta de 66 millóns de euros. López Veiga, porén, fala de que xestionar a sala supón perdas económicas dun millón de euros anuais e que a lonxa é unha “actividade comercial” que non debe ser desenvolvida por un organismo público como é o Porto de Vigo.

 

E agora?

 

A noticia colleu a contrapé os propios armadores de Vigo, Arvi, que afirmaron descoñecer que a lonxa dese perdas e queren manter unha xuntanza con López Veiga. Varias asociacións pesqueiras transmitiron á Autoridade Portuaria a súa preferencia porque a lonxa continúe a ser xestionada polo porto, o que desgustou o seu presidente. “Non é unha resposta intelixente, hai que ser máis agresivos comercialmente”, dixo López Veiga.

 

[A íntegra desta reportaxe, unha dupla páxina, aparece no Sermos Galiza 263, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]



x