EPA TERCEIRO TRIMESTRE

Baixa o paro en Galiza, mais mantense a fenda a respecto do Estado

Baixa o paro en Galiza, mais mantense a fenda a respecto do Estado

O descenso interanual (-1,4%) nas persoas desempregadas está por baixo da media española (2,8%). Unha fenda que tamén existe na taxa de actividade.


A Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao terceiro trimestre deixa, a primeira vista, datos positivos a ter en conta: descenso do número de persoas desempregadas e redución de taxa de paro. Ao poñer as luces largas, o panorama presenta outros matices a ter en conta, como que a baixada de paro vai ralentizada en comparación coa que se produce no conxunto do Estado; ou ben que a taxa de actividade en Galiza está 5 puntos por baixo da española.

 

O número de persoas paradas é en Galiza de 181.700, o que é 19.800 menos que no trimestre anterior (de abril a xuño). Unha baixada de 9,8%, porcentaxe superior á emdia española, que foi 4,6%. Se a comparación a facemos co mesmo trimestre do ano pasado, 2016, cambian as tornas: o número de persoas no paro en Galiza descendeu desde aquela en 12% mentres que no conxunto do Estado español foi de 13,6%.

 

Se deitamos a mirada na taxa de paro, temos mellor comportamento que o conxunto do Estado (14,5% fronte a 16,4%). Porén na taxa de actividade, (permite definir o peso da populación activa sobre o total da populación con 16 e mais anos), os nosos datos continúan a ser moi malos. No estado español está en 58,9% mentres que en Galiza anda en 53,6%.

 

(En ampliación)

 



x