A banca deberá devolver todo o cobrado nas cláusulas solo polas hipotecas

A banca deberá devolver todo o cobrado nas cláusulas solo polas hipotecas

A cantidade podería moverse entre os 5.000 e os 7.500 millóns de euros, segundo diversas estimacións.


A banca vai ter que devolver todo o que cobraron de máis nas cláusulas-solo, unha cantidade que algunhas estimacións elevan até 7.500 millóns de euros. O Tribunal de Xustiza Europeo vén de declarar incompatíbel co dereito comunitario a decisión do TS de limitar os efectos retroactivos. A decisión dada a coñecer esta cuarta feira é unha boa nova para os perto de tres millóns de persoas que no estado español teñen contratado este tipo de cláusulas. Contra esta resolución non cabe recurso.

Nada máis se coñecer a nova, as accións dos bancos españñois máis expostos ás clláusulas solo, como o Popular, Caixabank ou o Santander, caían até un 11% na bolsa. Estas cláusulas estaban incluidas en moitas hipotecas de interese variábel asinadas no estado español e impedía os seus titulares beneficiarse de rebaixas por baixo dun limiar predeterminado.

O Tribunal Supremo español declarou abusivas a maioría destas cláusulas mais militou a compensación: a cláusula solo deixaría de aplicarse a partires do 9 de maio de 2013 mais non se restituiría o pagado con anterioridade a esa data.