NEGOCIO INMOBILIARIO

Blackstone desembarca na Galiza

Blackstone desembarca na Galiza

O fondo de capital risco Blackstone desembarca na Galiza como xigante inmobiliario e pasará a xestionar centos de bens por un valor conxunto duns 1.200 millóns de euros. O sector inmobiliario galego encaixa o golpe e comeza a manobrar consciente da mutación que pode sufrir o mercado coa chegada dos estadounidenses.


A comezos de agosto o Banco Santander anunciaba que vendía o 51% do negocio inmobiliario do recentemente adquirido Banco Popular a Blackstone, no que era unha das maiores operacións inmobiliarias no Estado español. Na venda ía incluído o 100% do capital de Aliseda, a xestora inmobiliaria do Popular. Con esta operación, o fondo de capital risco estadounidense facíase con 1.200 millóns de euros en activos adxudicados na Galiza. Blackstone pasa a ser un dos actores principais do sector inmobiliario no país, canda Abanca e Sareb, o banco malo.

 

O primeiro investidor estranxeiro en tixolo no Estado español xestionará a carteira de Aliseda, que posúe máis de 7.600 propiedades na Galiza. É unha lista non pequena que abrangue desde naves industriais de máis dun millón de euros a medio millar de vivendas, pasando por solares, hoteis, locais comerciais ou fincas sen urbanizar. Repartidos por toda Galiza, estes bens proceden dos investimentos realizados no seu momento polos Banco Pastor e Popular, moi activos no mercado galego.

Blackstone pasa a ser un dos principais actores inmobiliarios na Galiza, canda Abanca e a Sareb

 

Que engole?

 

Mini_BlacstoneAlgúns destes bens están nas mellores zonas, desde o punto de vista inmobiliario, de Galiza, como locais comerciais na Praza de Lugo na Coruña. Ou os selectos hoteis do Grupo ‘La Toja Hoteles’, na Toxa (O Grove) unha sociedade que estaba controlada nun 90% polo Popular.

 

Blackstone aproveitou a xanela que lle abría a crise económica e o estoupido da burbulla inmobiliaria para entrar no Estado español, onde abriu a súa primeira oficina en 2014, se ben xa viña operando con anterioridade. Entre 2013 e 2014 destinou perto de 4 mil millóns de euros a adquirir vivendas no Estado español. Coa operación selada co Banco Santander, desembarca nun mercado tan apetecíbel como é o galego. Unha irrupción na que tivo un papel destacado un fondo voitre.

 

 

[A íntegra desta reportaxe, unha dupla páxina, aparece no Sermos Galiza número 262, disponíbel na nosa loxa e tamén nos pontos de venda habituais]

 

 



x