Blanco Purriños, nomeado presidente de Clun, que prevé comezar a operar o 1 de xaneiro

Blanco Purriños, nomeado presidente de Clun, que prevé comezar a operar o 1 de xaneiro

Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto asinaron a escritura de constitución da nova cooperativa de segundo grado, que integra máis de 3.000 gandeiros.


Cooperativas Lácteas Unidas (Clun) xa é oficial. Representantes de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto -as tres cooperativas que aprobaron en asemblea integrarse- asinaron a acta da asemblea constituínte e a escritura de constitución. A presidencia de Clun é ocupada por José Ángel Blanco Purriños, de Os Irmandiños. O presidente de Feiraco, José Montes, é vice-presidente de Clun mentres que Pablo Costoya (Melisanto) exrcerá como secretario.

Esta nova cooperativa de segundo grao comezará a operar o 1 de xaneiro. Ten unha cota de mercado do 15% e integra máis de 3.000 gandeiros. Clun nace coa finalidade de acadar unha maior eficacia e integrar os servizos técnicos financeiros, así como abaratar custos. Nun principio, a cooperativa Xallas tamén ía facer parte deste proxecto mais os seus socios optaron en asemblea por se manter á marxe.