BNG propón un plano de aproveitamento integral do monte con incentivos fiscais

BNG propón un plano de aproveitamento integral do monte con incentivos fiscais
Mar Pérez Fra, nun momento da súa intervención
Mar Pérez Fra, nun momento da súa intervención  Foto: BNG

O BNG realizou este sábado unha sesión de debate no Pazo do Hórreo sob o lema de Por unha nova política para o monte galego.


A ex deputada do BNG Tereixa Paz, a experta en Meio Rural e profesora da USC Mar Pérez e o profesor do centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo Xosé Antonio Meixide tomaron parte nesta xornada, en que tamén participou a líder da formación frentista, Ana Pontón.

Pontón criticou a política forestal da Xunta por considerar que non serve os intereses xerais, senón exclusivamente os dunha empresa, ENCE, e o seu modelo de eucaliptización do país. O monocultivo desta especie, denunciou a líder do BNG, abranxe xa 450.000 hectáreas.

Que facer perante iso? "Son necesarias políticas fiscais e tributarias que alenten o coidado do monte en beneficio de todas e de todos, non pode ser só unha carga para as persoas propietarias, senón unha oportunidade", defendeu Pontón.

A eucaliptización do país sobarda mesmo as previsións e expectativas da Xunta. No Plano Forestal da Galiza estímabase que a especie invasora ocuparía 245.000 hectáreas á altura de 2032. Pois ben, en 2017 xa atinxe 425.000, segundo as estimacións do BNG: 280.000 puras [isto é, monocultivo] e 145.000 partilladas con outras especies.

IMG-20170513-WA0001A líder do BNG denunciou que Feijóo desbaldiu a política de aproveitamento multifuncional posta en marcha desde a Consellaría de Meio Rural no período 2006-2009 do goberno bipartito, co nacionalista Alfredo Suárez Canal ao fronte. No canto de continuar esa liña, o PP retomou en 2009 programas e liñas de actuación ao servizo da expansión de ENCE por todo o territorio galego. Así o monte galego foise enchendo "de especies de pouco valor engadido".

A líder do BNG denunciou que Feijóo desbaldiu os logros da política de aproveitamento multifuncional posta en marcha desde a Consellaría do Meio Rural durante o bipartito, co nacionalista Suárez Canal ao fronte

O plano integral que propón o BNG consiste en reatar as liñas de aproveitamento multinacional ensaiadas pola equipa de Suárez Canal. Trataríase de pular pola "produción forestal de madeira de calidade das especies autóctonas", ben como por usos como "a explotación gandeira extensiva, o silvopastoreo, as producións complementares estacionais como a apicultura, a plantación de cogumelos e o aproveitamento da biomasa".

O rol a xogar polos montes en mao común -nas xornadas tomaron parte varios representantes das comunidades- foi tamén elemento central nas achegas das distintas persoas participantes nesta sesión de traballo. Nese sentido, Pontón emprazou a Xunta a "recuperar o diálogo e o consenso coas comunidades veciñais que ostentan unha parte moi importante da titularidade do onte, de tal xeito que reciban apoio público por exemplo para proxectos singulares baseados nun aproveitamento integral do territorio".

 



x