O 11% dos asalariados galegos traballan máis de 49 horas semanais

O 11% dos asalariados galegos traballan máis de 49 horas semanais

A xornada máxima é, con carácter xeral, de 40 horas á semana. O 40% dos traballadores din que teñen xornadas laborais longas, de entre 40 e 48 horas semanais.


O 10,7% das persoas asalariadas en Galiza afirman traballar máis de 49 horas á semana mentres que o 39,8% recoñecen que teñen xornadas laborais longas, de entere 40 e 48 horas semanais. A duración máxima da xornada ordinaria de traballo é, por lei, de 40 horas á semana de promedio no cómputo anual. Así pois, máis da metade dos asalariados galegos sobrepasan ese ditame xeral.

A lei tamén establece que as horas extraordinarias non poden superar as 80 ao ano agás en circunstancias ben especificadas, como urxencias, para previr ou reparar sinistros. Nesa bolsa de 80 horas non se inclúen, tampouco, aquelas horas extras compensadas con tempo de descanso (e non retribución) nos catro meses seguintes á súa retribución.

Son datos dun estudo do INE, Instituto nacional de estatística, no que tamén se recolle que un de cada catro asalariados afirma que cobra salarios baixos.